Merca dende agora mesmo as nosas camisetas e chapas, e moi pronto estará a venda o noso disco de música galega!

Pincha no enlace para ver o catalogo fotográfico dos nosos productos.
Aquí temos o catálogo fotográfico dos nosos productos:
As cinco chapas, unha con cada símbolo de Aturuxo e outra co logo completo, a un euro a unidade.
E vemos nesta foto a nosa colorida camiseta vestida polo noso modelo particular.
Detalle da camiseta. O prezo desta é de 10 euros para @s non soci@s e de 8 para @s soci@s.
E nesta mesma semana xa estará tamén a venda o disco de Aturuxo, que é un CD recopilatorio de música galega con grupos punteiros coma: A Compañía do Ruído, Ruxe Ruxe, Dios ke te Crew, A Banda de Poi, Ataque Escampe e moitos máis. Para mercar calquera dos nosos productos contacta con algún de nós se nos coñeces, escribe unha mensaxe ao noso correo ou pásate pola mostra das culturas das festas de Boiro, onde non faltará un posto de Aturuxo, con actuación incluída.


Busca
Categorias
Arquivos