Xuventude.net. O noso mellor portal de información

  PGL - agal-gz.org - Ano VI - Época 2007/08Olá Visitante!  [sair]
Nome: Senha:  Conta   
Capa do Portal Galego da Língua
Pesquisa: Co-eDescargasA sua ContaEnviar Notícias100 Principais
 Num Clique!
Dicionário Estraviz Electrónico
Planeta NH => Aprende Jogando !!!
Blogues agal-gz
Fórum PGL
GZe-ditora
Cantigas Trovadorescas -em linha-
Falar com Jeito
Dicionário de Fraseologia
Isso não é galego, é português
Revista PortuGaliza

 Canais
   Capa do PGL Capa do PGL
   Mapa do Sítio Mapa do Sítio
   Acessibilidade Modo de Texto
   Pesquisa Avançada Pesquisa Avançada

   Corporativo AGAL Corporativo AGAL :
· AGAL
· Publicações
· Revista Agália
· Aplicativos
· Campanhas

   Notícias PGL Notícias PGL :
· Notícias por Temas
· Histórico Notícias
· Galeria PGL
· Iniciativas em Positivo
· Inquéritos
· PGL no seu sítio
· Enviar Notícias

   Comunidade PGL Comunidade PGL :
· Registre-se
· A Sua Conta
· Mensagens Privadas
· Lista de Membros
· Bate-Papo
· Livro de Visitas
· Boletim agal-gz
· Ligações
· Recomende-nos!

   Formaçom Formaçom :
· Tira-dúvidas
· Enciclopédia
· Falar com Jeito


Reportagens Roteiro “A Esmorga” de Blanco Amor
Domingo, 14 Dezembro 2003 (9:14)

Placa comemorativa Marcos Valcárcel

A memoria non sempre é fiel e preferín ir ós documentos para contrastar cando naceu o Roteiro “A esmorga” de Eduardo Blanco Amor: Foi o domingo 7 de decembro de 1997 cando se realizou por primeira vez, convocado formalmente polo Clube Cultural Alexandre Bóveda e o Concello de Ourense. A idea viña de vello e, de feito, máis dunha vez falamos da cuestión no Clube.
[+...]

Tratábase de inmortalizar a memoria de Blanco Amor utilizando a súa novela “A esmorga” e a forte presencia ourensá, sobre todo no seu caso histórico, destas páxinas. Para iso elaboramos un folleto específico titulado “Roteiro literario de “A esmorga”. Espacios urbanos da novela de Eduardo Blanco Amor”, que editaron conxuntamente o Clube e a Concellería de Cultura do Concello ourensán nese mesmo 1997.

O folleto foi realizado por Afonso Monxardín e Marcos Valcárcel, utilizando tamén o esquema previo dos espacios da novela que usou Manuel Forcadela nun seu estudio de 1991 (“Guía de lectura de A esmorga”, Ed.do Cumio); no folleto hai tamén unha presentación de “Ourense, universo literario”, a través dos seus escritores, unha breve semblanza do autor da novela, a reproducción dun plano do casco vello de Auria-Ourense blancoamoriano e 9 placas de cerámica, que sinalan as oito paradas do roteiro, por onde van pasando os personaxes de “A esmorga”.

Estas pezas cerámicas foron realizadas polo artista ourensán Manuel Figueiras, autor duns magníficos debuxos, acompañados de anacos de textos da novela onde se menciona os lugares de cada punto do Roteiro: por esta orde, a taberna da tía Esquilacha (perto do Posío); o lavadoiro da Burga; a fonte de San Cosme; o calexón de Pena Vixía; a Praza do Correxedor (tras da Catedral); a Fonte do Rei; a rúa do Instituto (hoxe Lamas Carvajal) cara a Praza Mayor e a Alameda, remate do percorrido (a novena placa colocouse, cun retrato do escritor, na que foi a súa casa da rúa Eduardo Blanco Amor, n. 11, no barrio de As Lagoas.

Dalgún xeito, queríamos emular o “Bloomsday”, o día en que os lectores de Joyce, cada 16 de xuño, lembran a mesma xornada de 1904 reflectida no seu “Ulises” e naquela gran pelerinaxe literaria por Dublín. ¿Por que Galiza, e Auria mesmo, non teñen dereito a un recoñecemento semellante? ¿Quen mellor que Blanco Amor e “A esmorga” para unha festa literaria tal?

Polo xeral, o noso Roteiro faise arredor dos primeiros días de decembro (lembrando a morte do escritor) e foi convocado varios anos polo Clube Alexandre Bóveda e logo, desde o ano 2001 e xa desaparecido o Clube, pola Sección de Literatura do Liceo Ourensán. En cada parada lése un anaco da novela relacionado con aquel lugar, ou, noutras ocasións, outros textos de Blanco Amor, xornalísticos, narrativos, etc. Neste 2003 léranse varios poemas do escritor.

Nalgunhas ocasións, persoas de máis idade foron acompañando o Roteiro e enriquecéndonos a todos con fermosas anécdotas que mesmo se conservan dalgúns personaxes secundarios citados na novela. O Concello ourensán aceptou con entusiasmo o proxecto, colocando as placas de cerámica nas diferentes rúas, e incorporando o Roteiro a outros que se realizan desde a Oficina de Turismo da cidade. Son moitos tamén os colexios e institutos de toda Galiza que acoden a realizalo, ó longo do curso escolar, moitas veces en combinación cunha visita a Casa Grande de Otero Pedrayo en Trasalba.

O Clube Alexandre Bóveda realizou moitas outras actividades en memoria de Blanco Amor. Editou, por exemplo, cunha mínima parte dos inmensos fondos fotográficos do escritor (que se conservan na Biblioteca da Deputación de Ourense) e coa colaboración de Ánxeles Fernández, directiva do Clube, os volumes “Eduardo Blanco Amor Fotógrafo” (1993) e “O fillo da florista. 34 retratos de Eduardo Blanco Amor” (editado con Linteo), no que escriben un total de 34 autores e amigos do escritor (este volume foi coordenado por Benito Losada, Ángeles Fernández e o asinante destas liñas). En moi diferentes actos, desde 1993 cando menos, nos Encontros de Escritores Ourensáns e noutros actos, o Clube convocou arredor da figura de Blanco Amor a escritores e personaxes como Carlos Casares, Luis Pérez, Xulio Francisco Ogando, Xosé Manuel Núñez Seixas, Manuel Catoira, Manuel Guede, Bieito Iglesias, Ánxeles Cuña, Luís Taboada, e un longo etcétera.

O martes 16 de decembro de 2003 terá lugar un novo Roteiro A Esmorga, ás 18 horas da tarde convocado pola Sección Literaria do Liceo Ourensán, no que recitarán poemas Teresa Devesa e Loli Conde. O punto de saída é, coma sempre, a Avenida de Zamora, á altura da antiga Delegación de Sanidade. Como novidade, incorporouse neste ano un faladoiro no Liceo, ás 20 horas (ó remate da paseata) ó que están convocados todos os amigos e persoas que trataron ó escritor, sobre todo en Auria, para conversar arredor da súa personalidade desde as anécdotas e as lembranzas da súa andaina vital. Entre outros, están convocados para esta cita persoas como Segundo Alvarado, Víctor Campio, Amando Prada Castrillo, Maribel Outeiriño, Augusto Valencia, Acisclo Manzano, Eduardo Ananín, Berto Tabarés, Xosé Lois de Prado, María do Carmo Enríquez Salido e José Posada, pero o encontro é totalmente aberto e esperamos a maior asistencia posible para así enriquecer esta nova cita cultural.


PROGRAMA DE ACTOS:

ROTEIRO LITERÁRIO DE “A ESMORGA”

ACTOS CULTURAIS E FESTIVOS

DÍA:
16 de decembro de 2003 (martes).

HORA E LUGAR DE COMEZO DO ROTEIRO:
As seis da tarde, na Avenida de Zamora diante da Delegación de Sanidade.

TERTULIA ARREDOR DE BLANCO AMOR:
As oito do serán, na Sala de Tertulia do Liceo.

CEA DE CONFRATERNIDADE:
Unha vez remate o Roteiro e a Tertulia, todos aqueles que o desexen poderán participar nunha Cea de confraternidade, a que terá lugar no Liceo de Ourense.

Menu:
Sopa de cocido
Cocido galego

Bica e “licor café”
Viños branco e tinto
augas e café

Prezo:
10,00 euros

INSCRIPCION NA CEA:
Para a mellor organización da Cea, compre inscribirse na Secretaría do Liceo, ata o 15 de decembro.

ORGANIZA:
El Liceo de Ourense, Sección de Literatura.

Nota: O autor do artigo convida ao roteiro próximo 16 de Dezembro na cidade das Burgas, e explica a sua história.

Plano do roteiro


[ Voltar | 1 comentário(s)]


 
 Relacionado
· Mais em Reportagens

Os artigos mais lidos em Reportagens:
Fundamental trabalho sobre gírias galegas merece sobressaliente cum laude


 Pontuaçom
Pontuaçom Média: 4.33
Votos: 3


Vote neste artigo:

Excelente
Mui bom
Bom
Regular
Mau



 Opções

 Imprimir  Imprimir

 Envie este artigo a um(ha) amigo(a)  Envie este artigo a um(ha) amigo(a)


Conselho de Redacçom do PGL Conselho de Redacçom do PGL
Termos de uso legal Termos de uso legal  Privacidade e protecçom de dados Privacidade e protecçom de dados.
Pode usar as nossas notícias adaptando manualmente os ficheiros backend.php e ultramode.txt;
ou copiando a directiva criada automaticamente no Easynews do PGL.

Copyright © 2002, 2004, PGL.
É permitida a reproduçom total ou parcial do conteúdo do PGL sempre que se citar a fonte.
As notícias assinadas e comentários som responsabilidade dos seus autores.

Os direitos de cópia do código do motor do sítio web estám reservados por PHP-Nuke (Copyright © 2003).
PHP-Nuke é um programa de livre distribuiçom lançado sob a licença GNU/GPL.

Geraçom da Página: 0.144 Segundos