Ponte Vedra 100% em galego

Sobre a Revira

Sobre a Revira
Logo Revira

O Local Social Revira é um espaço alternativo galego inserido e ao serviço do movimento popular da comarca de Ponte Vedra fundado em Dezembro de 2003

Somos umha entidade independente, autogerida e plural, com visom de País e um projecto de esquerda anticapitalista.

Os nossos objectivos som contribuir à construçom nacional da Galiza, defender e promover a língua e cultura galega, o meio ambiente, os direitos da mulher, difundir valores solidários e internacionalistas.

As nossas instalaçons estám abertas a todas aquelas pessoas e entidades comprometidas na transformaçom da sociedade e a liberdade da Galiza para realizar actividades públicas e de caracter interno como reunions, assembleias ou congressos.

Escrito em 01-02-2005, na categoria: Associaçom, Centro Social
Chuza!

2 comentários

Lara (Histeria Teatro)

Moi bos días.

Desde Histeria Teatro, compañía afeccionada compostelá, queremos achegarvos as nosas propostas para este 2014. Normalmente o que facemos é “pasar a gorra", pero tamén se pode cobrar unha pequena entrada, con tal de cubrirmos os gastos da viaxe:

- A primeira é ‘Hámster’, do dramaturgo cangués Santiago Cortegoso. Neste “pretexto para un espectáculo de teatro físico sen cancións", o hámster macho e maila hámster femia conviven na súa gaiola. El é feliz alí dentro, e só quere contentar ao seu público, pero ela devece por saír fóra e saber que hai máis alá. A obra estivo xa no Pichel, en Compostela, en dúas ocasións, no Liceo Mutante de Pontevedra e no Terra de Pontedeume.

- A segunda é ‘Berlín’, versión teatralizada do clásico disco de Lou Reed, de 1974. Nel, Jim e Caroline, unha parella marcada polas drogas, a violencia e a prostitución, vive no Berlín dos 70. Ambos os dous cantan a súa desesperanza, as condicións miserables da súa existencia. Para iso contamos co cantautor O Leo i Arremecághona, que ademais de elaborar a versión en galego das cancións, interpreta a Jim coa súa guitarra. Terémola a partir do 21 de xuño (a estrea será na festa de aniversario do Cineclube de Compostela, na Gentalha do Pichel, hora por concretar).

Estamos pendentes de novas actuacións, o ano que vén, na Asociación Cultural e Xuvenil Itaca e na Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, en Salvaterra do Miño.
Se queredes máis información, estamos no blog http://histeriateatro.blogaliza.org, no Facebook (https://www.facebook.com/histeria.teatro) ou en Twitter (https://twitter.com/HisteriaTeatro). Tamén podedes contactar connosco a través deste mesmo correo electrónico ou do meu número de teléfono, 658 288 872.

Agradecendo de antemán a vosa atención, enviámosvos un cordial saúdo.

Lara


Histeria Teatro
Betanzos, 20, 1º, 15703, Compostela
658 288 872 histeriateatro@gmail.com
http://histeriateatro.blogaliza.org

13-05-2014 @ 13:58
Comentário de: Manuel [Visitante]
Manuel

Un equipo Galego, en Galego: “Deportivo da Coruña".

http://www.change.org/es/peticiones/real-club-deportivo-da-coru%C3%B1a-un-equipo-galego-en-galego-deportivo-da-coru%C3%B1a#share

O respeito pola lingua debe estar presente no nome do equipo, polo cal pedímoslle a Directiva, aos Siareiros/as e a tódolos Galegos en xeral
( sexan Deportivistas ou non ), que o nome do equipo sexa oficialmente: REAL CLUB DEPORTIVO DA CORUÑA.
Respeitando desta forma o nome oficial da cidade, así como a Lei 3/1983, do 15 de Xuño de Normalización Lingüística, que establece que a única forma oficial dos nomes dos lugares ( topónimos ) de Galiza, é a Galega.

PD: GRAZAS A TODOS/AS POR ASINAR. ¡ COMPARTIDEO NAS VOSAS REDES SOCIAIS !

25-07-2014 @ 10:10

O Local Social Revira é um espaço alternativo galego inserido e ao serviço do movimento popular da comarca de Ponte Vedra fundado em Dezembro de 2003

Somos umha entidade independente, autogerida e plural, com visom de País e um projecto de esquerda anticapitalista.

Contacta com nós CS Revira em Facebook CS Revira em Twitter

Onde estamos? Gonzalo Gallas, 4, rés do chao Ponte Vedra, Galiza

Segunda-Feira 20.00 a 22.00
Terça-Feira 20.00 a 22.00
Quarta-Feira 20.00 a 22.00
Quinta-Feira 20.00 a 22.00
Sexta-Feira 20.00 a feche
Sábado 20.00 a feche

Ponte Vedra 100% em galego

LIGAÇOES

COLETIVOS PONTE VEDRA


CENTROS SOCIAIS

INFORMAÇOM

LINGUA

ANTIRREPRESIVO

MEIO AMBIENTE

FEMINISMO

SINDICATOS

DESPORTOS