05-07-2007

Link permanente 08:26:54, por Igor Email , 392 palavras   Português (GZ)
Categorias: Cousas por aí, Gz é bem pequena

Que fas esta sexta?

Reproduzo informaçom, interesnte, chegada à minha caixa de correios. Penso que esta sexta nom vou poder estar em Compostela, ou quando menos nom a essas horas. Mas se pudera, ali estaria.
Pola cultura livre!!! Contra os direitos capistalistas "de autor"!!! DEFENDE A CULTURA: cópia todo o que podas, todo o que saibas, todo o que queiras!!!

Continua:

Que fas este venres?, achégate a Compostela e...

POETAS DO MUNDO: UNÍDEVOS

Unídevos á festa que en homenaxe ao pirateo e á cultura libre organiza o Cineclube de Compostela para conseguir uns cartiños e pagarlle a proxección de Terra Negra, de Ricardo Íscar, ao produtor-cancodrilo Pablo Llorca – Cámara Oscura Productions. (se alguén precisa máis datos sobre o asunto: www.cineclubedecompostela.blogaliza.org tamén lle podemos enviar copia da sentencia)

A festa vai ser o venres 6 de xuño no Centro Social O pichel, rúa santa clara 21, Compostela. Alí terá lugar, como segundo acto do día, un recital de cousas alleas: isto é: cada un de vos fica convidado a ler un texto de outra persoa: poñamos un folio DINA4 de máximo. Un poema de quen queirades, de quen vos pete, pero voso non. Se aceptades este convite confirmade asistencia e amais, (e isto é imprescindíbel) dicídenos como moi tarde un día antes a que autor/a ides recitar.

Se queredes convidar a alguén podedes facelo, máis asegurade que envíen os datos sobre a autoría do texto e que sexan pirataaasss!!!

Bicos grandes e reproducíbeis.

********************++

Por fin temos argallado o programa da festa pola cultura libre, este venres 6 a partir das 19:00 horas no Pichel:

WE’RE ONLY IN IT FOR THE MONEY
VENRES 6 DE XULLO. A PARTIR DAS 19:00
O PICHEL

Proxeccións:
House at Pooneil Corners [One PM] (House at Pooneil Corners, Jean-Luc Godard, EUA, 1968, 8 min)
O tigre saltou e matou, mais vai morrer…, vai morrer… (El tigre saltó y mató, pero morirá…, morirá…, Santiago Álvarez, Cuba, 1973, 16 min)
Comida (Jídlo, Jan Svankmajer, Checoslovaquia-Reino Unido, 1992, 14 min)
Poetas piratas
Karaoke lírico
Teatro:
Berrobambán Teatro
Clara Gayo (O brazo armado da SGAE)
Música:
O Leo i Arremecághona!!!
Ataque Escampe
Deluxe Non
Dj. Marx & Dj. Engels
(Permítese a reprodución, copia, transformación e difusión, total ou parcial, por calquera medio e en calquera sitio)

Sem feedback para esse post ainda

Deixe o seu comentário


Seu endereço de e-mail nom será revelado nesse site.

Sua URL será exibida.
(Quebras de linha se tornam <br />)
(Nome, e-mail & website)
(Permitir que usuários o contatem através de um formulário eletrônico (seu e-mail nom será exibido.))
This is a captcha-picture. It is used to prevent mass-access by robots.

Please enter the characters from the image above. (case insensitive)

Array
Outubro 2008
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Busca

Ligaçons

Avistamentos Artefacto anterior Outros planetas Terras Irredentas Outros mundos Outras galáxias Quê estou a ler Quê estivem a ler O meu post mais visitado Música para ovnis
powered by b2evolution