09-03-2007

  19:33:04, por Lugris   , 299 palavras  
Categorias: Cousas por aí

Cópiar é libertar

Entrevistarom-me sobre cultura fotocopiada os de Culura Galega, e isto foi, mais ou menos o que digem (ainda que, por respeitar a verdade, eu respondim em norma AGAL).

A poesía en copia
Unha das máis recentes propostas de creación poética reprografiada é a distribución de "O livro das confusons", unha obra que Igor Lugrís oferta de balde desde o seu blog "Ovnis e isoglossas". Segundo figura no propio libro "a ediçom consta de uns quantos exemplares, fotocopiados a mao polo autor". "A técnica, que agora ofrece resultados moi bos e de grande calidade, é unha opción válida, barata e rápida", explica Lugrís. Segundo el, a falta de interese das editoras foi o que o empurrou "novamente" a optar pola autoedición. "A autoedición permitíame controlar todos os aspectos do libro como obxecto: formato, cores, capa, tipo de letra deseño... e tamén a súa distribución. Supón unha grande liberdade non só ser autor dos poemas, senón tamén autor do libro, xa que as fotocopias están feitas por min mesmo, a traballar directamente na máquina". O feito de ser esta unha edición á carta, explica tamén a elección, xa que "permiten ir tirando exemplares segundo os preciso". Polo momento foron como un cento de exemplares, que non é pouco para un libro de poesía e para este sistema de difusión. Lugrís ten claras as posibilidades de futuro deste formato: "se algunha cousa impresa sobrevive a Internet, serán as edicións baratas deste tipo". A impresión de textos descargados na rede e a superación do concepto de copyright e mais da actual "trama chamada industria editorial" están, ao ver deste poeta, estreitamente relacionadas.

2 comentários

Comentário de: mariademallou [Visitante]  
mariademallou

parabéns polo livro das confussons. adóroo.
saudiños!!!

14-03-2007 @ 15:15
Comentário de: Nocturno [Visitante]  
Nocturno

Coincido plenamente na necesidade da
autoedición no actual mundo da cultura…
Parabéns pola iniciativa…

15-03-2007 @ 11:14