
Esta fin de semana teremos no noso local as xornadas en defensa da lingua (que xiran arredor do día das letras, 17 de Maio)
Continua:
Venres 16 de Maio:
ás 19h. Presentación do recopilatorio de Aturuxo: aturuxa!! disco que recopila 20 cancións en galego de 20 grupos.
ás 20h. Charla c@s responsables dos equipos de normalización lingüítica dos IES de Boiro.
Sábado 17 de Maio:
ás 12h. Performance na rúa Peonil. Farase preto da entrada do mercado municipal (praza), tamén teremos alí xogos para nen@s e obradoiros
ás 14h. Xantar pola língua no local social:
O menú do xantar será o seguinte: ensalada, churrasco de porco, crioulos, pan e viño: só por 8€, apuntadevos o antes posibel. Teremos alternativa vexetariana
ás 17.30 elaboración dun mural en defensa da lingua (IES Praia Barraña)
ás 23h. Concerto de: Os cangrexeiros e foliada popular (trae o teu instrumento!)
Domingo 18 de Maio:
ás 10.30 sairemos en desde a Casa da Cultura para acudir á manifestación en defensa da lingua, que partirá ás 12h. da Alameda de Compostela.