
comezamos as nosas actividades no local con dúas presentacións->
O pasado sábado 3 de Marzo Presentouse a revista "Retranca" no local da man de Kiko da Silva, nunha charla na que nos sumerxeu nos entresixos do proxecto, nos plans de futuro e do que supón unha revista de humor gráfico en galego.

Kiko da Silva respondeu as nosas preguntas e demostrou que tamén ten humor fora da viñeta.
Adicou pacientemente os catro números publicados da "Retranca" da súa forma particular

E non se nos ía escapar sen "asinarnos" no local
Ao sábado seguinte Xosé Manuel Sarille Presentou o seu novo libro "A impostura e desorientación na normalización lingüistíca", un ensaio afiado sobre a situación do galego e as causas do fracaso nas tentativas de normalización.

Presentounos unha ollada crítica co proceso da normalización da lingua e contestou a numerosas preguntas, e por suposto tamén adicou libros.


Fixemoslle unhas pequenas entrevistas tanto a Kiko como a Sarille, e pronto as subiremos.
Temos á venda no local a "Retranca" e "A impostura e desorientación na normalización lingüistica"
Sem Comentários para esse artigo ainda...
Estamos na Rúa Principal, nº118
Horario do localVenres:19:00-1:00h Sábado:17:00-2:00h Domingo:17:00-21:00h
teléfono:981972531 localsocialbarbanza@gmail.com
| Seg | Ter | Qua | Qui | Sex | Sab | Dom |
|---|---|---|---|---|---|---|
| << < | ||||||
| 1 | 2 | 3 | ||||
| 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
| 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
| 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
| 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Busca
Categorias
Arquivos