Esta sábado 8 de Decembro en Boiro teremos unha gran festa, organizada por A Companhía do Ruído (www.acompañiadoruido.com) e na que participa activamente Aturuxo. A banda de Ribeira vai facer a grabación do seu CD en directo ademais dun DVD que recollerá todo o que suceda durante a xornada.
As actividades son as seguintes:
As actividades comezarán a partires das 20h. na carpa instalada na zona da movida de Boiro (aparcadeiro de Praia Xardín), actividades e concerto de balde!
A partir das 20h:
- Ás 20h. comezarán o campionato de xogos populares (para nenos e maiores) con premios (un cd recompilatorio de aturuxo e un cd da Compañía do Ruído)
Tiro de corda.
Carreira do ovo.
Billarda.
Carreira de sacos
Esperamos que teña tan boa acollida como na festa popular onde participaron máis de 100 nen@s e non tan nenos...
- Ás 20h. comezarán vari@s soci@s coa xente que se achegue a decorar a carpa.
- Ás 20.30 videomatón sobre aturuxo e os locais sociais: esta actividade consistirá no seguinte: cunha camara de video grabaremos a opinión da xente a respeito de moitas cousas: se coñecen os locais sociais, se pensan que é preciso un na barbanza...
- Ás 21.30 videomatón con preguntas arredor da música galega, con preguntas específicas sobre a Compañía do Ruído.
Ademáis aturuxo porá unha barra na que se poderá degustar os mellores chourizos asados polo "cociñeiro" Antom (na foto) e de bocadillos con outros ingredientes, tamén teremos o mellor viño da casa e cervexa ben fresca. Quedades tod@s convidad@s! vas perdelo...?
Estamos na Rúa Principal, nº118
Horario do local Venres:19:00-1:00h Sábado:17:00-2:00h Domingo:17:00-21:00h teléfono:981972531 localsocialbarbanza@gmail.com
| Seg | Ter | Qua | Qui | Sex | Sab | Dom |
|---|---|---|---|---|---|---|
| << < | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
| 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
| 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
| 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
| 28 | 29 | 30 | 31 | |||
Busca
Categorias
Arquivos