
Como de costume oferecemos umha reportagem fotográfica das actividades que tiverom lugar nas primeiras jornadas de formaçom e lezer. Clica para ver-->
SEXTA FEIRA:
Comezam as jornadas cumha apresentaçom e de seguido:
O historiador Antom Santos presentou umha palestra sobre lazer alternativo e consumismo.
Ceia onde aproveitamos para, ademais de reponher folgos para a foliada regueifeira que seguiria, falar entre nós e com gente de outras asociaçons e locais.
SABADO:
Um bom almorço, umha charla sobre o património arqueológico da Galiza, e de roteiro pola serra
nada mais começar a andar, umha ponte medieval
Ainda queda fraga galega!!
A gente ponhendo boa cara as pendentes do terreo. Parada na Cova da Moura (umha mámoa descuberta ó ar em aceptável estado de conservaçom) e subida ao mirador.
Depois de jantar no monte, un pouco de voleibol.
DOMINGO: Dia adicado a Moncho Reboiras em homenagem do seu 32 cabo de ano.
Pola manhá tivemos umha charla biográfica sobre o homenageado e a súa causa, a liberaçom nacional e social de Galiza, a cargo do historiador Uxio Breogán e inauguraçom da "sala Moncho Reboiras" no CS Noia com Manolo Reboiras, irmán do finado, presente. Partimos despois para Imo onde repousan os restos do Moncho para fazer umha ofrenda floral e ler um texto en recordatório del, da súa causa e a modo de feche das jornadas.
A gente entoando o hino nacional ante a placa do revolucionario assasinado no 1975. A luita continúa!!
A nossa última actividade juntos: Jantar de despedida antes de marchar.
Só nos queda dar os nossos parabéns o trabalho feito pol@s companheir@s do Roi Soga de Lobeira em cualidade de anfitrións. Aguardamos ver a todas as pessoas coas que estivemos estas jornadas dentro dun ano em Boiro, se para esa é Aturuxo quem acolhe a festa. Graças a tod@s polo vosso trabalho e pola vossa presença.
NOTA: Nesta reportage faltam fotos e imformaçon de varias actividades, aguardamos rematar o trabalho em breve.
Escrito às 17:02:21 na categoria Fotos das actividades pasadas
|
|
Estamos na Rúa Principal, nº118
Horario do local Venres:19:00-1:00h Sábado:17:00-2:00h Domingo:17:00-21:00h teléfono:981972531 localsocialbarbanza@gmail.com
| Seg | Ter | Qua | Qui | Sex | Sab | Dom |
|---|---|---|---|---|---|---|
| << < | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
| 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
| 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
| 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
| 28 | 29 | 30 | 31 | |||
Busca
Categorias
Arquivos