
Volta o Sarabanduxa, con actividades para todas as idadeS, obradoiros e moita moita música da man de DIOS KE TE CREW, SKARNIO, REVER E DIA DE FURIA e de todos os grupos locais
Continua:
Este ano o IV festival de música e asociacións, con Aturuxo por vez primeira na organización, troca un pouco o seu estilo primando por unha vanda a música en galego e pola outra a dos grupos da comarca facendo así de caleidoscopio da realidade musical da comarca e de Galiza. Tamén é cometido deste festival dar a coñecer as a diferentes asociacións polo que teremos información a esgalla na feira de asociacions. A orde de actividades é a seguinte:
-Durante toda a tarde diversas actividades para os cativos coma xogos populares, competicións...
-As 16:00 hrs abre o escenario pequeno, onde a carón da praia poderemos ver os grupos da comarca coma: TEVRA, GOLDEN DX, SANDIÓS, SINEFRES, DESALOJO, FRANKLIM, SINDROME DE ESTOCOLMO, BELLO PÚBLICO e SMASHING.
-Actividades para a xuventude coma diferentes obradoiros, información e propostas de diferentes aociacións
-As 22:00 hrs comezarán a bater os altofalantes do escenario grande onde actuarán: DIOS KE TE CREW, SKARNIO, DIA DE FURIA e REVER
Ademáis de todo isto teremos unha mesa con material e zona de acampada a carón do ensanche do río Coroño e preto da praia, en definitiva, o conxunto perfecto para armar unha boa festa. Agardamos vervos a tod@s por ali!
Escrito às 01:39:38 nas castegorias: Concertos e música
|
|